| |
Un home feliz
Antonio Seijas |
 |
II
Premio de Banda Deseñada Castelao
Calidade plástica e literaria axúntanse nesta
novela gráfica, na destaca o tratamento orixinal e
novidoso da cor e o exercicio de introspección que
realiza o autor a través dos diálogos entre
personaxes.
21 x 29,7 cm. 64 páx. 12€
I.S.B.N.: 978-84-95444-81-X |
Publicidade e deseño
Joan Costa / Abraham Moles |
 |
Un
dos múltiples títulos da bibliografía
de dous nomes imprescindibles dentro do eido da comunicación
audiovisual e do deseño. O tándem Costa-Moles
achega neste libro un reto á hora de reflexionar e
teorizar de xeito crítico sobre o deseño na
publicidade.
15 x 24 cm. 172 páx. 16€
I.S.B.N.: 978-95444-79-8 |
Información, opinión
e propaganda na prensa galega durante as primeiras eleccións
da democracia
Xosé Rúas / Alberto Pena /
Emma Torres / Félix Blanco |
 |
Análise do labor desempeñado polos medios de
comunicación no desenvolvemento do proceso político
e no conseguinte esforzo pedagóxico que indirectamente
lles tocou exercer co gallo dos primeiros comicios da democracia
en 1977.
15 x 24 cm. 396 páx. 17€
I.S.B.N.: 84-95444-69-0 |
Primeiros pasos do tai-chi
Ignacio muñóz Martín |
 |
Interesante obra que intenta transmitir dun xeito claro e
práctico os coñecementos deportivos imprescindibles
para iniciarse na ximnasia chinesa por excelencia, o tai chi.
Da man dun auténtico especialista na materia imos descubrindo
as raíces e os diferentes estilos desta arte marcial,
o significado e peculiaridades das súas técnicas.
En definitiva, a esencia dunha modalidade que é moito
máis ca un deporte.
15 x 24 cm. 128 páx. 12€
I.S.B.N.: 84-95444-75-5 |
Vinte historias de amor e
un canto á esperanza
Cristina de la Vega Jiménez |
 |
Emotivo
conxunto de vinte historias que, nunha clara homenaxe a Neruda
desde o seu título, achega a sensibilidade particular
doutras tantas mulleres que se enfrontan a si mesmas nas súas
actitudes ante as múltiples facetas do amor. Un libro
para a reflexión do valor das pequenas cousas cotiás.
19 x 21 cm. 96 páx. 12€
I.S.B.N.: 84-95444-78-X |
Relatos desvelados
Alberto Gómez Aneiros |
 |
Este
libro rescata do esquecemento vellas historias pouco coñecidas
agochadas en documentos que, por diferentes motivos, saen
agora á luz. Trátase duns relatos intensos que
nos propoñen retroceder no túnel do tempo e
afondar na prodixiosa memoria colectiva, converténdonos
en testemuñas de mitos e lendas, de tradicións
ancestrais: druídas celtas, o dragón e a serpe,
o home lobo, a Santa Inquisición viven outra vez para
nós a través destas páxinas.
13,5 x 20 cm. 224 páx. 15€
I.S.B.N.: 84-95444-76-3 |
Socioloxía da comunicación
e opinión pública Vicente
González Radío |
 |
Ensaio
que achega, desde a óptica da socioloxía e os
comportamentos humanos, un fondo e coidadoso estudo acerca
da comunicación e da opinión pública.
A sociedade da información e a sociedade da comunicación
no noso tempo é un proceso global. É, xa que
logo, un elemento de referencia e de configuración
que debemos analizar con profundidade.
25 x 25 cm. 104 páx. 16€
I.S.B.N.: 84-95444-71-2 |
Abreviatura (abreviatura autista
de Deus)
Miguel Boó |
 |
O escritor e periodista Miguel Boó
estréase no mundo narrativo cun relato iconoclasta,
esnaquizador, desesperado e claustrofóbico, onde aborda
as complexas e tormentosas relacións de parella, o
papel subversivo do sexo, o podre e abafante alento da enfermidade
e a referencia a un Deus abreviado, incompleto e, por tanto,
cruel e demoníaco.
FINALISTA
NO II PREMIO INTERNACIONAL DE NOVELA da Universidade Rey Juan
Carlos (Madrid)
21 x 15 cm. 236 páx. 15€
I.S.B.N.: 84-95444-72-0 |
Isaac Díaz Pardo, unha
mirada familiar
Ariana Fernández Palomo |
 |
Isaac
Díaz Pardo, unha mirada familiar é o resultado
de longas conversas da autora, Ariana Fernández, con
Mimina, muller de Díaz Pardo, un dos máis grandes
artistas galegos que, ademais, contribuíu co seu pulo
intelectual e empresarial ao desenvolvemento de Galicia.
25 x 21cm. 206 páx. 28€
I.S.B.N.: 84-95444-70-4 |
Onde ninguén pode chegar
David Rubín |
 |
Galardoada
co primeiro premio de banda deseñada Castelao da Deputación
da Coruña, o autor reflexiona sobre o amor e a tristeza
a través do personaxe dun superheroe apoiándose
nunha estrutura narrativa moi singular.
29,7 x 21 cm. 64 páx. 12 €
I.S.B.N.: 84-95444-68-2
NOVA
COLECCIÓN BANDA DESEÑADA |
A galerna de 1961
Hixinio Puentes Novo |
 |
Hixinio
Puentes Novo achéganos o relato das consecuencias sufridas
por morr do forte temporal que azoutou a costa norte da península
Ibérrica a mediados do pasado sçeculo, e do
que as testemuñas conservan nítidas lembranzas.
24 x 21 cm. 300 páx. 28€
I.S.B.N.: 84-95444-64-X |
100 xogos sen barreiras
Rita Mª Díez Rechou |
 |
Proposta
didáctica na que se aposta pola integración
do alumnado con necesidades educativas especiais nas class
de educación física. Compilación de 100
xogos amplamente explicados e ilustrados para que todos e
todas poidan xogar sen exclusións.
15 x 21 cm. 228 páx. 18€
I.S.B.N.: 84-95444-66-6 |
Cheché Martín:
Futbol sobre lenzo Arturo Lezcano
González |
 |
Biografía
de José María Rodríguez, máis
coñecido como Cheché Martín, un dos primeiros
xogadores do Deportivo. Persoa polifacética, nesta
obra descóbrese a súa relación coa arte
(pintura), a súa vida no exilio, o seu labor como adestrador
e xogador de fútbol...
15 x 21 cm. 368 páx. 20 €
I.S.B.N.: 84-95444-62-3 |
Os Naufraxios da Galicia Norte
(Provincia Marítima de Ferrol). Volume II
Hixinio Puentes Novo |
 |
Este
título vén completar as investigacións
do estudoso Hixinio Puentes Novo a propósito dos afundimentos
ocorridos na franxa norte da nosa costa. Compilación
de datos rigorosamente contrastados e de nova información
recolida neste libro.
20 x 24,5 cm. 192 páx. 20 €
I.S.B.N.: 84-95444-58-5 |
Comunicación e Corpo
Vicente González Radío |
 |
O
corpo como tema, o corpo como continente, o corpo como contido...
é o obxecto delimitado deste estudo con todas as implicacións
que leva consigo. Ensaio no que as apoiaturas filosóficas,
antropolóxicas e sociais serven de referentes á
hora de configurar o percorrido do estudo do corpo.
15 x 24 cm. 172 páx. 16 €
I.S.B.N.: 84-95444-56-9 |
Globalización e Interdisciplinariedade.
5 propostas prácticas para 6 materias da ESO
Sonia Pena Gómez, Ana B. Vázquez
Rey, Mª. José Troitiño López e J. Alfonso
Blanco Quintela |
 |
Tomando
como eixe a formación integral do alumnado, este libro
pon en práctica a interdisciplinariedade na docencia
a través dun conxunto de sesións ue combinan
a interrelación entre distintas materias: educación
física, matemáticas, informática, música,
plástica e ciencias sociais, xeografía e historia.
20 x 20 cm. 144 páx. 18 €
I.S.B.N.: 84-95444-52-6 |
As Vías Romanas na
Provincia de lugo Benito Sáez
Taboada |
 |
Tras
a publicación do estudo as comunicacións romanas
na provincia da Coruña, o autor amplía as súas
investigacións á prrovincia de Lugo, analizando
o trazado e a función das antigas rutas dos romanos.
Ilustrado
14,5 x 24 cm. 184 páx. 15 €
I.S.B.N.: 84-95444-57-7 |
Os Naufraxios da Galicia Norte
(Provincia Marítima de Ferrol) Hixinio
Puentes Novo |
 |
Estudio
completo e rigoroso dos naufraxios ocorridos entre as Rías
de Ares-Ferrol e Punta da Cruz, en Ribadeo. O libro divide
este territorio en partes, e en cada unha delas proporciona
unha relación por orde cronolóxica dos diferentes
episodios.
20 x 24,5 cm. 488 páx. 35 €
I.S.B.N.: 84-95444-30-5 |
O Xantar da Memoria
Lois Caeiro |
 |
Conxunto
de amenos artigos que teñen como fío conductor
a temática da cociña e nos que o autor, director
do diario El progreso, introduce anécdotas persoais
e outros aspectos. Un libro na liña do inesquecible
La casa de Lúculo, de Julio Camba.
PREMIO
ÁLVARO CUNQUEIRO DE PERIODISMO GASTRONÓMICO
2004 AO MELLOR TRABALLO XORNALÍSTICO PUBLICADO NUN
MEDIO ESCRITO DE GALICIA.
15 x 23,5 cm. 140 páx. 17 €
I.S.B.N.: 84-95444-44-5 |
Caldeirada para Dous (Mortos)
Miguel Vila Pernas |
 |
Baseándose
nas permanentes referencias culinarias en Mazurca para
dos muertos, de Camilo José Cela, o autor describe
algunhas claves para entender a cociña galega actual
a partir dos usos e costumes tradicionais.
PREMIO
ÁLVARO CUNQUEIRO DE PERIODISMO GASTRONÓMICO
2004 AO MELLOR LIBRO SOBRE GASTRONOMÍA GALEGA.
15 x 23,5 cm. 164 páx. 17 €
I.S.B.N.: 84-95444-50-X |
A Fada Morgana Santiago
Gutiérrez García |
 |
Rigoroso
ensaio arredor do fascinante mundo artúrico que nos
achega a figura da irmá do rei Arturo, enmarcándoa
nos distintos textos conservados e contándonos a súa
evolución ó longo da literatura medieval.
15 x 23,5cm. 324 páx. 17 €
I.S.B.N.: 84-95444-32-1 |
Xogos Serodios
Manuel Anxo Laxe Freire |
 |
Nesta
novela intimista, o autor afonda nas relacións de parella
nunha idade de transición e de reflexión vital
como é a madurez cun pano de fondo que reflicte a tensión
dun mundo que esmorece ante a modernidade.
15 x 21 cm. 236 páx. 17 €
I.S.B.N.: 84-95444-49-6 |
Historia da Radio en Pontevedra
Mercedes Román Portas e Aurora García
González |
 |
As
autoras describen o panorama da radio na cidade de Pontevedra,
caracterizado pola soa presencia de Radio Pontevedra ata a
chegada de novas emisoras á capital.
Inclúe testemuños dos protagonistas
e anexos das primeiras gravacións.
21 x 21 cm. 108 páx. 12 €
I.S.B.N.: 84-95444-47-X |
As Comunicacións Romanas
na Provincia da Coruña Benito
Sáez Taboada |
 |
Este
tratado analiza exhaustivamente o trazado e función
das antigas rutas romanas na provincia da Coruña achegando
novas e interesantes hipóteses sobre esta temática.
Ilustrado.
14,5 x 24 cm. 152 páx. 15 €
I.S.B.N.: 84-95444-18-6 |
Noticias de Galicia na Radio
de Fin de Século Manuel
F. Rodríguez |
 |
Pertencente
á colección Textos Media, este libro analiza
a presencia das noticias de Galicia no medio radiofónico
facendo calas nas princiais cadeas a finais do século
XX.
15,2 x 24 cm. 212 páx. 15 €
I.S.B.N.: 84-95444-48-8 |
Fotografía e Imaxe Dixital
Paulo Porta Martínez |
|
Con
este libro descubrimos o mundo da fotografía dixital
e as innumerables aplicacións que unha cámara
dixital nos ofrece. Paso a paso e con exercicios exemplificados
con fotografías a toda cor, resulta de fácil
lectura e comprensión para calquera afeccionado.
21 x 21 cm. 156 páx. 18 €
I.S.B.N.: 84-95444-42-9 |
La sombra del escapista
Rubén Abella |
|
Galardoada
co XIV Premio de narrativa Torrente Ballester, esta novela
somérxenos nun emocionante relato sobre a fascinación
colectiva que os veciños da rúa Luna senten
por Beato, un personaxe tan seductor coma enganoso, un home
que sanda, engaiola e fai reverdecer o mundo, pero que oculta
un segredo terrible. En castelán.
13,5 x 20 cm. 226 páx. 20 €
I.S.B.N.: 84-95444-43-7 |
A conservación da casa
e a unidade da familia. Historia e costume do Dereito Civil
Galego Rosa Fernández-Montenegro
Iglesias |
|
Primeira
entrega dunha colección que pretende achegárno-la
nosa historia e a súa relación co Dereito Civil
galego. Visión amena e divulgativa acerca da propiedade
da terra e da súa relación coa familia.
20 x 20 cm. 78 páx. 9 €
I.S.B.N.: 84-95444-31-3 |
Julio Camba: unha lección
de xornalismo Fermín Galindo
Arranz |
 |
Fermín
Galindo analiza nesta obra o vallor xornalístico de
Julio Camba a través da lectura dos seus artigos, reflectindo
a súa faceta como ser humano e como columnista irónico
e brillante.
12,5 x 21 cm. 78 páx. 6,5 €
I.S.B.N.: 84-95444-27-5 |
Economía, Empresa e
Sociedade. Homenaxe a Eduardo Barreiros Coordinadores:
Rafael María García Rodríguez / Valentín
Alejandro Martínez Fernández |
 |
Arredor
da figura do empresario Eduardo Barreiros, inestimable referente
de traballo, tenacidade, loita e afán de superación,
varios autores estudian diferentes aspectos relacionados co
mundo empresarial.
21 x 29,7 cm. 406 páx. 22,85 €
|
Novas tendencias do xornalismo
electrónico Xosé
López García, Manuel Gago Mariño e José
Pereira Fariña |
 |
Neste
libro descríbese e analízase un novo escenario
dentro do hipersector da comunicación, no que conviven
os medios xa tradicionais coas novas propostas que cada día
irrompen con máis ou menos eficacia.
20 x 20 cm. 78 páx. 13 €
I.S.B.N.: 84-95444-31-3 |
Ensinanza e xogos de predeporte
para nenos de curtas idades Víctor
Arufe Giráldez |
 |
Un dos orimeiros libros que aborda o deporte
orientado ós máis pequenos, contemplado desde
o seu aspecto máis lúdico e tamén na
súa dimensión de contribución á
formación integral do neno. Contén 119 propostas
de xogo.
14,5 x 21 cm. 120 páx. 17 €
I.S.B.N.: 84-95444-28-3 |
A escultura en Compostela
Mª Rosa Enríquez Salido |
|
Percorrido
pola escultura compostelá a través da nómina
dos grandes escultores galegos, da representación de
tódolos estilos artísticos e dos materiais e
técnicas empregados.
20 x 20 cm. 100 páx. 11,45 €
I.S.B.N.: 84-95444-06-3 |
|
-
|
|  |
Comunicación
Textos
Media
Biblioteca
básica do deporte
Cadernos
didácticos
Sociedade
Mar
Viaxes
Psicopedagoxía
Historia
e Tradición
Supernova
Cadernos
Mediáticos
Saúde
Narrativa
|